AGAT

Asociación Galega de Atención Temperá

Quen somos

AGAT é unha asociación interdisciplinaria constituída en 1997 por profesionais galegos que traballamos con nenos e nenas con problemas no desenvolvemento, coas súas familias e contornas na Comunidade Autónoma de Galicia.

AGAT está integrada por profesionais procedentes das distintas disciplinas implicadas na Atención Temperá tanto no campo Sanitario como no Psicosocial e Educativo: Psicólogos/as, Pediatras, Neuropediatras, Fisioterapeutas, Foniatras, Rehabilitadores/as Infantís, Terapeutas Ocupacionais, Logopedas, Pedagogos/as, Mestres/as, Profesorado de Educación Especial, Traballadores/as Sociais, Psicomotricistas, Educadores/as sociais, etc

AGAT forma parte da Federación Española de Asociaciones de Profesionales de la Atención Temprana .

AGAT forma parte da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

Os nosos valores

Interdisciplinariedade

Aberta os profesionais relacionados co desenvolvemento infantil de 0 a 6 anos

Alta cualificación

Formación continua e investigación, cursos, encontros, seminarios e xornadas

Proximidade

Práctica centrada nas familias e nos contornos naturais da vida dos nenos/as

Coordinación

Colaboración coas administracións públicas, entidades de iniciativa social e recursos privados

Noticias

Galicia Noticias

A UDIAF DEZA ATENDEU A 122 FAMILIAS EN 2023

FARO DE VIGO 28-04-2024 La Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Deza atendió en 2023 a 122 familias, un 20% más que el año anterior. En total, realizó 3.243 prestaciones individuales, de las que 130 fueron consultas de acogida, 232 reuniones de valoración, 2.491 sesiones de apoyo directo y 374 actuaciones de coordinación con otros profesionales de hasta 48 recursos sanitarios, sociales y educativos. La edad media en el acceso fue de 2 años y medio. La UDIAF Deza abrió sus puertas en 2009 en el marco…