marxeesquerdo principal resumo do proxecto bases xustificacion obxetivos medios fases As Escolas as escolas marxedereita
x
x
     

Lexislación aplicable

Xustificación técnica

  • Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, 20 de novembro de 1989 e ratificada por España o  30 de novembro de 1990.
  • Constitución Española, de 27 de decembro e 1978.
  • Lei 4/1993,de 14 de abril, de Servizos Sociais (DOG 23-4- 93).
  • Lei 3/1997, de 9 de xuño, da familia, a infancia e  a adolescencia ( DOG 20-6-97).
  • Decreto 42/2000, de 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia; modificado polo Decreto   406/2003, de 29 de outubro.

Na etapa 0-3 (e particularmente na etapa 0-18 meses) a descompensación entre factores de risco e de protección da lugar hoxe a trastornos do desenvolvemento persoal que, polas súas características pode pasar  desapercibida para as nais e os pais, os educadores, os pediatras e mesmo os especialistas en desenvolvemento infantil e atención temperá.  Investigacións levadas a cabo co debido rigor amosan que os axentes de socialización poden tardar bastante tempo en identificar  alteracións importantes do desenvolvemento se non utilizan dun  xeito sistemático e ordenado escalas de cribado.

70% dos nenos ou nenas con alteracións do desenvolvemento non son identificados cando non se utilizan escalas de cribado (Palfrey et al. J PEDS. 1994;111:651-655).

70%-80% dos nenos ou nenas con alteracións do desenvolvemento son identificados correctamente cando se utilizan probas de cribado (Squires et al, 1996, JDBP, 17:420 – 427). As escolas infantís ocupan xa hoxe unha posición determinante e irremplazable na posibilidade de facer un seguimento e unha detección precoz das dificultades relacionais, comunicativas, da atención compartida, da linguaxe, do xogo de exploración ou simbólico, da psicomotricidade, da representación, da autoestima,...

Tamén poden colaborar cos servizos sanitarios na detección precoz da hipoacusia, dos trastornos da visión, motrices, etc. Na detección precoz, como e ben sabido, xógase moitas veces unha grande parte da eficacia da atención temperá e dos apoios educativos ós nenos con necesidades especiais.

logo a_tempo login mapa web axuda logos agat y xunta