marxeesquerdo principal resumo do proxecto bases xustificacion obxetivos medios fases as escolas enlaces marxedereita
x
x
     

Obxectivos xerais

Obxectivos específicos

 
  • Deseñar, desenvolver e implantar un protocolo de cribado e detección precoz de trastornos no desenvolvemento nas escolas infantís de titularidade propia da Xunta de Galicia. Trátase de implementar un protocolo sistemático, flexible, sinxelo, sensible, universal, específico e unificado para o conxunto das escolas obxecto do programa .

Estará baseado:

  • Na actualización dos profesionais das escolas infantís, facilitando modalidades flexibles de formación continua.
  • No modelo de comunidade formativa de xeito que sexa o conxunto da escola o que se implique na formación continua.
  • Na toma en consideración das observacións, anécdotas, preocupacións ou dúbidas que manifesten os pais.
  • No rexistro sistemático e ordenado das impresións, apreciacións ou observacións dos educadores ou educadoras e dos técnicas e técnicas das escolas infantís nunha escala estándarizada de cribado do desenvolvemento.
  • Na informatización progresiva do programa.
  • Na avaliación compartida con profesionais expertos en desenvolvemento infantil e atención temperá.
  • Na preparación para a facilitación de obxectivos e medidas de reforzo ou programas de apoio e a súa aplicación no marco da escola infantil, actividades cos pais ou con outros recursos comunitarios. 
  • Selección, edición e  posta a punto da instrumentación técnica que se vai poñer  a disposición das escolas infantís para desenvolver o programa de formación e implantar o protocolo de cribado. AGAT realizará unha análise dos instrumentos de cribado estándarizados que pola súa sensibilidade, especificidade, formato e características técnicas poidan ser máis axeitados pro seu uso no contexto das escolas infantís de Galicia. A través do análise comparado e da información recollida en entrevistas directas con directores e educadores das escolas infantís estudiaranse aspectos como a concreción ou ambigüidade dos indicadores, a facilidade de anotación a partir da  observación, axilidade, utilidade, comprensión, facilidade de exposición dos resultados os pais ou a outros profesionais, interferencia con outras tarefas, etc.
  • Formación dos educadores das escolas infantís nas características, utilización, puntuación e  avaliación dos resultados obtidos coa  instrumentación técnica seleccionada. AGAT seleccionará unha rede de titores especialistas en desenvolvemento infantil e atención temperá para facilitar a formación práctica, progresiva, compartida e supervisada dos educadores na aplicación das escalas ou probas de cribado que sexan seleccionadas, a nenos e nenas de tódalas idades 0-3 con desenvolvemento típico ou atípico e a partir da observación da actividade ordinaria nos grupos ou unidades de cada escola.
  • Deseño, desenvolvemento e avaliación da metodoloxía de aplicación do protocolo de cribado nas escolas  infantís. Mediante o traballo práctico de formación e  acompañamento dos educadores  nas escolas infantís os titores e os responsables técnicos da AGAT recollerán a información e datos precisos para realizar a correspondente avaliación da metodoloxía de aplicación do protocolo de cribado o que, a continuación, resultará na formulación á Xunta de Galicia da proposta final de implantación do mencionado protocolo no marco do desenvolvemento do actual Plan de Calidade  nas escolas infantís que se atopan baixo a súa titularidade
  • Sensibilización e conformación de redes comunitarias cara o desenvolvemento de futuras accións de colaboración
logo a_tempo login mapa web axuda logos agat y xunta