marxeesquerdo principal resumo do proxecto bases xustificacion obxetivos medios fases As Escolas as escolas marxedereita
x
x
     

Bases

A primeira infancia é unha etapa complexa e crítica para o desenvolvemento da identidade persoal, social e cultural, a formación dos vínculos afectivos coa familia e cos iguais,a adquisición de valores, linguaxe e recursos cognitivos básicos, a posta en práctica de estratexias sociais e lúdicas, recoñecemento e organización das relacións co entorno, á familiarización coas realidades e ferramentas da cultura do tempo histórico,...

O cambio social modifica fondamente os escenarios e itinerarios nos que se desenvolve a primeira infancia. O multiplicarse os escenarios e axentes de socialización, poden debilitarse as referencias e aumentar os núcleos familiares que experimenten situacións de illamento, inexperiencia, inestabilidade ou estres prodúcense novos factores indutores de fraxilidade para o desenvolvemento infantil nas primeiras etapas da vida.

A tipoloxía das alteracións do desenvolvemento e dos núcleos evolutivos vulnerables cambea: 

  • Risco de obxectalización dos nenos con alteracións biolóxicas ou “enfermidades raras” (cegueira, xordeira, parálise cerebral, síndrome de down, cromosomopatías, etc).
  • Desatención á problemática emocional dos “menores” 0-3 en situacións de abandono familiar ou institucionalizados.
  • Extensión de fenómenos “invisibles” de marxinación, malos tratos ou violencia.
  • Infantilización da pobreza e reaparición de problemas de nutrición, hixiene e control da saúde.
  • Incremento de novos e imprecisos trastornos do desenvolvemento (espectro autista, hiperactividade, retraso da linguaxe, cromosomopatías vinculadas a reprodución asistida...).
  • Incremento da prevaleza e gravidade da prematuridade ate constituír un grave problema  social.
  • Incremento das situacións de illamento en tódalas capas sociais.
  • Desorientación na xerarquización dos aspectos máis relevantes do desenvolvemento ou nas pautas educativas adecuadas as funcións parentais.
  • Ratios excesivas, excesos horarios ou carencias formativas na atención alternativa nos primeiros tramos de idade 0-18 meses.

O proxecto a_tempo de detección precoz dos trastornos do desenvolvemento está deseñado para tratar de dar desposta as novas necesidades derivadas do cambio social, fortalecer o papel da escola infantil e a súa relación coas familias e cos novos axentes de socialización. 

logo a_tempo login mapa web axuda logos agat y xunta