Principal Quen somos Novedades Información Centros Documentos

Asociación Galega de Atención Temperá
Carmen 39-41 2º I Ferrol
teléfono 691448981

Correo electrónico: atenciontemprana@atenciontemprana.com

 

 


PRINCIPIOS -ESTATUTOS

 

¿Quen somos?

AGAT é unha asociación interdisciplinaria constituida por profesionais galegos que traballan con nenos e nenas, con discapacidades, e coas súas familias, no territorio da nosa Comunidade Autónoma.

AGAT está integrada por profesionais galegos procedentes das distintas disciplinas implicadas na Atención Temperá tanto no campo sanitario como no psicosocial e educativo: psicólogos, pediatras, neuropediatras, fisioterapeutas, foniatras, rehabilitadores infantís, terapeutas ocupacionais, logopedas, pedagogos, profesores de educación especial, traballadores sociais, etc.

XUNTA DIRECTIVA
Presidenta
Teresa Busto Dominguez
Vicepresidente
Jaime Ponte Mittelbrun
Secretaria
Gema Martínez Martínez
Tesoreira
Raquel Boquete
Vocal
José Cardama Barrientos
Vocal
Monica Romero Fontao
Vocal
Luisa Fernanda Aris
Vocal
Patricia Míguez
Vocal
Beatriz Díaz García-Muñoz
     
Principios de actuación

Interdisciplinariedade e cualificación profesional A Atención Temperá implica a participación de profesionais de distintas disciplinas (medicina, psicoloxía, educación, fisioterapia, logopedia). A preparación dos profesionais que participan na Atención Temperá esixe tanto a formación nunha disciplina específica coma no marco conceptual común a todas elas, a través do traballo en equipo.

Cooperación entre os pais e os profesionais e integración do neno na sociedade A Atención Temperá está baseada na participación e colaboración dos profesionais implicados e das familias co obxectivo de facilitar ó máximo a integración do neno na sociedade.

Gratuidade, universalidade e igualdade de oportunidades Os servicios de Atención Temperá deben ser gratuitos, co fin de que podan ter acceso a eles tódalas familias que os necesiten.

Coordinación entre as distintas administracións Públicas Cómpre que os distintos Ministerios e Institucións que teñan atribucións e responsabilidades relacionadas coa Atención Temperá procuren a sú coordinación, co obxectivo de facilitar ás familias os recursos económicos e humanos que precisan.

Descentralización e Sectorización Favorece-la creación e continuidade de Centros de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá (CDIAT) distribuidos dentro de cada municipio por zonas, situados na proximidade doutros servicios (escolas infantís, centros de saúde ou servicios sociais) de xeito que facilite o acceso inmediato das familias, a relación entre os diferentes axentes profesionais e o coñecemento do medio e da realidade cultural, económica e social da comunidade.

Actividade principal

Recolle-las experiencias propias e alleas no campo da Atención Temperá, facilita-la reflexión e o debate profesional, divulga-las novidades tecnolóxicas e metodolóxicas e achegar ás familias tódolos nosos coñecementos e medios para ofrecerlles ós nenos con déficits, ou con risco de padecelos, un conxunto de accións optimizadoras e compensadoras, que faciliten a súa adecuada maduración en tódolos ámbitos, e que lles permita acada-lo máximo nivel de desenvolvemento persoal e de integración social.

 


©2005 Asociación Galega de Atención Temperá Principal Quen somos NovedadesInformaciónCentrosDocumentos